Concello de Crecente

Noticias

O concello de Crecente ten en marcha investimentos, suministros e contratacións por importe de case medio millón de euros financiados con cargo ao Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra para a anualidade 2025

A Deputación de Pontevedra asignou ao concello de Crecente un total de 496.571,06 euros na anualidade 2025 gracias ao Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan +Provincia) 2025, de carácter anual, financiado con fondos propios da Deputación e destinado a colaborar nas obras e nos servizos de competencia municipal dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
O seu obxectivo é impulsar accións que lles permitan aos concellos consolidar os criterios de desenvolvemento que favorezan a xeración de oportunidades, a creación de sinerxías cos axentes de cada lugar e a cohesión territorial.

No marco dos retos aos que hai que facerlles fronte determínase a necesidade de mellorar a prestación dos servizos públicos municipais, dotar os concellos de infraestruturas e equipamentos de calidade para impulsar a actividade económica, potenciar o acceso á contorna dixital e reducir a fenda poboacional ao orientar a acción pública cara os pequenos municipios rurais, as entidades máis afectadas pola desigualdade.

Para cumprir estes obxectivos, a Deputación puxo en marcha un novo plan para financiar obras e servizos de competencia municipal con base en tres principios: cooperación, equilibrio e respecto á autonomía local.

O concello de Crecente solicitou subvencións para o financiamento de proxectos de interese público e social no marco de tres liñas:
  • Liña 1: Investimentos
Gracias á liña 1 o concello de Crecente destinará 360053,40 euros a cofinanciar investimentos de moita relevancia como son os seguintes:
  • Mellora da mobilidade peonil na EP 5005 dende o PQ 11+980 ao PQ 12+550
  • Obras de reparación da estrada municipal Ameixeira San colmede derivado do IFF de Filgueira 
  • Eficiencia enerxética no alumeado público de Cancelo, cañoto, cotado, padrosos e Penagrande
  • Mellora de camiño en Pedrablanca e Pombal
  • Adquisición de pinza para camión do punto limpo móbil de Crecente
  • Plan extraordinario de infraestruturas deportivas
  • Rede de saneamento no núcleo de Pedrablanca

Así mesmo levarase a cabo a adquisición de luminarias led para alumeado público no marco do Plan de renovación do alumeado municipal e a súa adaptación a criterios de eficiencia enerxética e a mellora de viais municipais en Guillade, Filgueira e acondocionamento de vial en Regueiro, na parroquia de Ribeira, Pazo, na parroquia de Rebordechán e Penagrande, na de Vilar.

Os investimentos complétanse coa canalización de abastecemento en Pedra Blanca no barrio do Moucho, parroquia de Vilar e no Coto, así como a renovación de peches nos depósitos municipais de Vilar e Novás de Arriba, en Albeos.
  • Liña 2: Actividades, gastos correntes e obras puntuais non cualificables como investimentos
O incremento do custe dos servizos públicos municipais como SOGAMA, a telefonía ou o alumeado implican que se deba facer un esforzo no seu mantemento sen retrimento do servizo prestado á veciñanza e sen incrementar a presión fiscal, polo que se destina a cuantía de 41215,40 euros a gastos correntes 
  • Liña 3: Activación do emprego 2025
O Concello de Crecente destina un importe de 95302,26 euros á activación do emprego mediante a contratación de persoas desempregadas para realizar obras e servizos de interese xeral e social de competencia municipal.
 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar