Atribucións
Delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das seguintes atribucións, susceptibles de ser delegadas segundo o artigo 21.1 da LBRL, en virtude da habilitación recoñecida no apartado terceiro do precepto de referencia, e sen prexuízo da súa asunción directa en calquera intre, as seguintes:
En materia de contratación:
- As contratacións e concesións que non teñan consideración de contratos menores, cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento municipal.
- A aprobación da devolución de avais de obras, servizos e suministros de calquera natureza.
- A concesión de subvencións e axudas económicas dentro dos límites establecidos nas bases de execución do orzamento.
En materia de servizos:
- A resolución de solicitudes de alta, baixa, e ou, modificación, nos Servizos municipais de auga, abastecemento e saneamento e lixo, e conexión á rede de abastecemento e saneamento municipal.
En materia de patrimonio:
- A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento, nin os 3005.060, 52 euros, así como que a súa enaxenación non supere a porcentaxe citada.
- Todas aquelas cuestión puntuais, competencia da Alcaldía, que esta desexe someter ao estudo ou resolución da Xunta de Goberno Local.
En supostos concretos, por razón de urxencia e/ou oportunidade, a Alcaldía poderá avocar para si, o exercicio de calquera das competencias delegadas no punto segundo.