Concello de Crecente

Cultura

Biblioteca / Centro telemático

Biblioteca e Centro telemático
Rúa Solis Ruíz Nº 8 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986 666 506

Correo electrónico: Premer aquí
Horario inverno: De luns a venres de 16:00 a 20:30 e sábados de 09:00 a 13:00

Horario verán: De luns a venres de 09:30 a 14:30
Nada máis entrar, na planta baixa ao fondo atopámonos co Centro Telemático, que é unha sala con diversos postos con ordenadores que están a disposición dos usuarios para poder facilitar á conexión a Internet de toda a nosa poboación.

Se subimos as escaleiras ata o primeiro andar, entramos na Biblioteca, que está adherida a "Rede de Bibliotecas de Galicia", e na que dispoñemos dunha zona para o estudo con amplas mesas con cadeiras, unha zona infantil para os máis cativos con xogos e libros adecuados a eles, a zona onde están todos os libros colocados en diversos andeis, e o despacho do bibliotecario, a quen lle diremos se queremos imprimir algunha cousa ou se nos xorde calquera dúbida.

Auditorio municipal

Auditorio de Crecente
Rúa Mon y Landa - 36420 Crecente (Pontevedra)
O auditorio municipal ademais de contar cun amplo patio de butacas e un escenario, está completamente equipado con medios audiovisuais como son pantalla, proxector e altofalantes, tamén dispón de aire acondicionado e calefacción.

Casas culturais municipais

Casas culturais: Villar, Sendelle e Albeos
O Concello dispón de tres casas culturais municipais estando situadas nas parroquias de Albeos, Sendelle e Villar.

Todas elas están a disposición das súas parroquias para o seu uso.

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar