Servizos sociais e de atención primaria
Casa do Concello
Rúa Solís Ruíz Nº 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
Teléfono: 986 666 300
Fax: 986 666 251
Horario de atención traballadora social:
Luns, martes e xoves de 09:00 a 14:30
Horario de atención educadora familiar:
Mércores e xoves de 09:00 a 14:30
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Crecente traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio.
As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva. A atención primaria é a máis próxima aos cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.
Desde a Concellería de Asuntos Sociais do Concello anímase a todos os veciños a participar nas diferentes actividades, ofrecendo diferentes alternativas tanto de lecer como formativas para persoas de todas as idades.
Programas que se levan acabo
Programa de axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia
Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes atópense en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotiás.
Programa de prevención e inserción social
Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á orixe de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evitar a súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.
Reparto de alimentos do Fondo de Axuda Europea Para os Máis Necesitados (FEAD)
Mensualmente, cara a finais de mes e salvo raras excepción, lévase a cabo a repartición de alimentos procedentes dos excedentes da Comunidade Europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.
Programa de información, orientación e asesoramento
Facilitar ao cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso aos recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garante unha resposta idónea ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas...
Aloxamento alternativo
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar.
Programa de educación familiar
Procedementos:
- Pensións non contributivas.
- Título de familia numerosa.
- Renovación do título de familia numerosa.
- Recoñecemento do grao de discapacidade.
- Termalismo social.
- Turismo social.
- Vacacións para maiores.
- Inclusión como beneficiario en asistencia sanitaria.
- Asistencia sanitaria a persoas sen recursos.
- Teleasistencia domiciliaria.
- Bono social de Telefónica.
- Bono social de electricidade.
- Servizo de Axuda no Fogar.
- Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
- Recoñecemento de situación de dependencia e dos dereitos ás prestacións do sistema.
- Axudas de emerxencia social.
A
educadora familiar realiza una diagnose individual de cada núcleo familiar obxecto de intervención, así como a elaboración e execución, mediante o continuo contacto interpersoal, de proxecto de intervención familiar de acordo coas familias destinatarias, sendo estas as familias en situación de risco do Concello de Crecente.
Todo isto lévao a cabo a través de
diversas tarefas como son:
- Axuda na organización da economía doméstica.
- Pautas para a hixiene persoal e do fogar.
- Apoio a nivel educativo.
- Seguimento no centro educativo ao que acoden os menores.
- A escoita activa aos diferentes membros que compón a familia.
- Mediar nos problemas familiares.
- Acompañamento naquelas situacións que se precise.