Concello de Crecente

Noticias

Crecente mellora as súas instalacións deportivas co apoio da Deputación de Pontevedra

O Concello de Crecente acomete tres novos investimentos nas instalacións deportivas municipais ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, cun investimento global de 86.990,82 euros financiado pola institución provincial.
As actuacións incluiron Melloras na piscina, no pavillón e no ximnasio municipais, así como a pista polideportiva de Filgueira e a suministración de material deportivo para as instalacións municipais, investimento permitirá renovar e ampliar o equipamento do ximnasio con novas máquinas, bancos de musculación, xogos de pesas e mancuernas, material de adestramento e equipamento para actividades deportivas.

Estas actuacións forman parte da aposta do Concello por conservar, modernizar e completar unhas instalacións que prestan servizo a persoas de todas as idades e que constitúen espazos fundamentais para a actividade física, a convivencia e o lecer saudable.

O apoio económico da Deputación de Pontevedra resulta especialmente importante para os concellos de menor tamaño, ao facilitar investimentos que dificilmente poderían ser asumidos unicamente con recursos municipais. Esta cooperación permite manter as instalacións públicas en condicións adecuadas de seguridade, accesibilidade e funcionalidade, así como adaptalas ás necesidades actuais das persoas usuarias.

A práctica deportiva non só contribúe á mellora da saúde e da calidade de vida, senón que favorece valores como a participación, a cooperación, a igualdade, a inclusión e a convivencia. Contar con instalacións próximas, ben conservadas e correctamente equipadas é tamén unha ferramenta esencial para promover hábitos de vida activos entre a poboación e garantir o acceso ao deporte con independencia da idade ou das circunstancias persoais.

O Concello de Crecente agradece a colaboración da Deputación de Pontevedra, cuxo III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas permite avanzar na reparación, modernización e mellora dos equipamentos deportivos municipais e ofrecer á veciñanza espazos máis seguros, completos e adaptados para a práctica da actividade física.
Actuacións financiadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar