Concello de Crecente

Miradoiros

Miradoiro de As Fichocas
36491 Crecente (Pontevedra)
Se “miradoiro” é un lugar ou punto elevado dende o cal se pode contemplar unha paisaxe, calquera visitante se atopa nun lugar idóneo que reúne esas condicións: o Miradoiro de “As Fichocas”, ubicado na estrada local que une Os Padrosos (Ameixeira) e Pazo (Rebordechán), pero que pertence á parroquia de Filgueira.

Dende aquí contémplase unha fermosa estampa: un frondoso val bañado polo río Miño e cruzado por dúas pontes, a “Ponte Vella” de comezos do século XX (construída de ferro e granito), e a “Ponte Nova” cunha distancia de 182 metros que data do ano 2008. Ambas pontes unen o noso concello coa veciña Vila Termal de Cortegada de Baños (Ourense), a que pode contemplarse na súa totalidade.

Obsérvase tamén Filgueira e Ribadavia (ao fondo e a esquerda) co seu impresionante viaduto da autovía. No centro, outros pequenos núcleos pertencentes ao concello de A Arnoia, como o máis próximos, Merens.

A panorámica que dende aquí se contempla é un regalo para a vista pola diversidade de vexetación e o seu espectacular colorido.

No ano 2017, o miradoiro e a súa contorna foron acondicionados, e para elo habilitouse un balcón sobre o val, e uns metros máis abaixo unha zona habilitada para o estacionamento dos vehículos.

Galería:

Localización:

Acceso á Sede Electrónica

Acceso ao Perfil do Contratante

Direccións e teléfonos de Interese

Acceso ao Buzón Cidadán

Información sobre Transparencia

Solicitude de Alumeado Público

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar