O castro é un asentamento fortificado
da Idade do Ferro emprazado nun esporón na aba "
O Alto dá Serra", Parada, preto do curso do río Miño. Alterado polos axentes naturais e polas construcións viarias, presenta forma oval cun diámetro aproximado de 95 por 40 metros, estando rodeado por unha muralla duns oito metros de altura. Sen escavar e cuberto pola maleza, presenta grandes afloramentos rochosos, moitos deles con sinais de ter sido empregados como canteira.
Está formado por unha sucesión de aterrazamentos dende cróaa, aínda que no lado
sueste non existe nin muralla nin aterrazamento debido ao forte desnivel natural do terreo que cae cara ao río. No lado
suroeste está emprazada a
ermida de San Sebastián (século
XIX) e o campo da festa que produciu un desmonte que afectou á muralla. Do castro recuperáronse
abundantes restos cerámicos romanos e castrexos.
Galería:
Localización: