Ayuntamiento de Crecente

Noticias

O Concello de Crecente incorporou unha nova pinza para o servizo de Punto Limpo Móbil, unha ferramenta esencial para a manipulación e recollida segura de residuos voluminosos, mellorando a eficiencia e a capacidade operativa deste servizo público.
A adquisición realizouse ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2024, publicada no DOG nº 250 do 30 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases das axudas destinadas a actuacións en materia de residuos municipais, cofinanciadas polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea – NextGenerationEU.
No marco desta convocatoria, o Concello de Crecente resultou beneficiario dunha axuda na Liña 3: Puntos limpos móbiles, tal e como se recolle na Resolución de modificación da concesión publicada o 28 de maio de 2025, onde figura:
  • Importe subvencionado: 13.410,00 €
  • Custe total da actuación: 14.900,00 €
  • Financiación cuberta pola axuda: 90 %
  •  
  • A parte correspondente ao Concello foi cofinanciada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia 2025

Esta achega económica permite modernizar o servizo municipal de recollida de residuos especiais, reforzando o compromiso de Crecente coa sustentabilidade, a economía circular e a mellora continua da calidade dos servizos públicos que recibe a veciñanza.
Desde o Concello destacan que esta nova incorporación “supón un avance significativo na prestación dun servizo máis áxil, eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

 
Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Ayuntamiento de Crecente
  • Calle Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De lunes a viernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle y Vilar.

© 2020 Ayuntamiento de Crecente - Todos los derechos reservados // Diseño maquetación y programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.

Política de Cookies Aceptar