Subir
Concello de Crecente

Ruta de senderismo de Vilar

Inicio e fin: Parroquia de Vilar (Crecente), Pontevedra.
Lonxitude: 9,134 Km.
Percorrido: Circular.
Época: Primavera, verán e outono.
Interese: Etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico.
Vilar

A zona encóntrase marcada pola súa extensa rede fluvial, dependente do río Miño e que provoca grandes diferenzas non só orográficas, senón mesmo climatolóxicas, coa existencia de microclimas.

O contorno polo que discorrerá a ruta é inigualable, tanto pola tranquilidade e o illamento coma pola calidade ambiental da zona. A vexetación cambia paulatinamente, polo que a variedade de especies existentes na área é moi importante.

Ademáis a existencia de patrimonio, como muíños, capelas e cruceiros farán o camiño máis interesante. Pódese aproveitar no verán para darse un baño na praia fluvial Mandelas o no Pozo do Inferno.

Galería de fotos

Muíño das Quintas Pozo do inferno Pazo de O Barreiro e capela de San Mauricio Pazo de O Barreiro Igrexa de San Xurxo

Descarga de documentos

Ruta de senderismo "Mirando ó Miño"

Inicio e fin: Lugar do Forno da Tella, Filgueira (Crecente).
Lonxitude: 9,5 Km.
Percorrido: Circular.
Tempo aprox.: 4 horas.
Cotas: Max. 250 m. / Min. 104 m.

O trazado transcorre por parte do antigo Camiño Real, tamén chamado "Vereda Pública" (antiga vía principal de comunicación entre os Reinos de Castela e Galicia). Ó longo do sendeiro o camiñante vaise atopar coa natureza en todo o seu esplendor, variedade e cor:

- Silencio e tranquilidade por doquier.
- Marmurio das augas do regato de Paizás, e das trece singulares fontes que atopará o camiñante.
- As tranquilas e cristalinas augas do río Miño, que fan de fronteira e unión entre Cortegada (Ourense) e Filgueira (Pontevedra), e que dotan a zona que se divisa, dunha singular e apaixonante paisaxe e qeu está enriquecida polas diferentes especies arbóreas que compoñen variadas fragas.

No percurso do sendeiro atópanse: cruceiros, petos de ánimas, a capela de San Xosé e a Igrexa Parroquial de Filgueira, que data do século XVIII, facendo mención especial á abundante arquitectura popular reflectida en antigas casas grandes, hoxe abandonadas, exemplos de outras restauradas, canastros, muíños e pontes.

Son os productos locais referencia obrigada, sendo de destacar: as o queso de tetilla de Filgueira. E para repoñer forzas en Filgueira pode atopar pan, empanadas e carne de excelente calidade.

Galería de fotos

Ponte de Filgueira Capela e Ponte de San Xosé Río Miño

Descarga de documentos

Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.