Trámites
Acceda a esta sección para descargar os arquivos, en formato PDF para a realización de diversos trámites.
Queridos veciños e visitantes.
Quero dar a benvida a esta web que pretende ser un punto de encontro e participación. Porque é firme a vontade e a vocación do Goberno Municipal que me honro en presidir, en apostar pola transparencia e ter sempre abertas as portas do Concello para tod@s grazas ás novas tecnoloxías e internet, dispoñemos dunha nova ferramenta para que as 24 do día, e independentemente de onde se estea, póidase ter información de primeira man sobre os servizos do Concello, trámites administrativos e facernos chegar inquietudes, suxestións e propostas.
Para os que queiran descubrirnos, encontrarán neste portal información sobre as incontables atractivos que ten o noso Concello. Crecente conta cunha riqueza natural exhuberante, paisaxes marabillosas, casas rurais con encanto, rutas de sendeirismo, ríos e bosques máxicos, ademais de oportunidades únicas para o deporte e a aventura.
Por outro lado, está o noso rico legado histórico e patrimonial que seguramente alimentará o espírito daqueles aos que lles gusta o turismo cultural e relixioso. Pero se o interese é doutro tipo, en Crecente tamén se pode gozar de gastronomía agradecida onde a lamprea e o bo viño non deixará a ninguén indiferente.
Se o que se busca é empreder, investir ou vir a vivir, Crecente é o lugar ideal onde hai oportunidades únicas e todas as facilidades dende o Concello.
Non quero rematar esta benvida, sen nomear aos representantes políticos de Crecente, en primeiro lugar aparecen os tenentes de alcade membros da Xunta de Gobierno:
Dª. Marisol Gómez Domínguez - Tenente de Alcalde
D. Carlos Vallejo Domínguez - Tenente de Alcalde
D. David Martínez Fernández - Tenente de Alcalde
A continuación os concelleiros cos seus respectivos cargos:
D. Julio C. García-Luengo Pérez - Alcalde
Dª. Marisol Gómez Domínguez - Delegada de Políticas Sociales
D. Carlos Vallejo Domínguez - Voceiro do Goberno e Relacións Institucionales
D. David Martínez Fernández - Delegado de Turismo, Emprego e Economía
D. Iván Fernández Faro - Delegado de Agricultura, Medio, Parques e Xardíns Públicos
D. Jorge Vazquez Rey - Delegado de Sanidad
D. Víctor Paz Rodríguez - Delegado de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio
D. Mateo Da Silva Romay - Delegado de Cultura, Educación e Deportes
Dª. Lucía Vázquez Rodríguez - Delegada de Comercio Local
Por último citar os representantes da oposición:
Anibal Barreiro Paz - Consejal da oposicón (PSOE)
Carlos Eduardo Clara Argibay - Consejal da oposicón (PSOE)
Invito a tod@s a visitar Crecente e gozar desta magnífica terra.
D. Julio C. García-Luengo Pérez (Alcalde)
Trámites
Acceda a esta sección para descargar os arquivos, en formato PDF para a realización de diversos trámites.
Anuncios
Coñeza de forma rápida os distintos concursos convocados polo concello, descargue a información e consúltenos calquera dúbida.
Galerías
Sección adicada a mostrar de forma visual o mellor que temos na nosa terra, por que unha imaxe vale máis que mil palabras.
Turismo
Guía turística do patrimonio cultural, rutas naturais, festas, romaxes, restaurantes, adegas, actividades de ocio, restos arqueolóxicos...ACTIVIDADES
Dirección
© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com