Subir
Concello de Crecente

Pazo da Fraga

Situación: Santa Marta-Albeos.
Época: Século XVI.
Estilo: Barroco.
Estado de conservación: Bo.
Titularidade: Privada.
Pazo da Fraga

Trátase dun conxunto histórico do século XVI, integrado por pazo, hórreo, era, muíño, xardín e amplo terreo dedicado a viña, piñeiral e bosque poboado de árbores autóctonas.

Presenta unha planta rectangular, un patio interior e a un lado unha torre con pináculos, a cal presenta nun dos seus costados unha garita sobre ménsulas. O portalón de entrada, alintelado, encóntrase enmarcado por unha moldura plana, presentando na cornixa un copete que engloba ao escudo da familia Costas e Sarmiento que o posuía en tempos pasados.

Son poucos os datos históricos que temos deste pazo xa que os seus arquivos foron roubados.
Destacar que neste pazo estiveron aloxados, o Gran Capitán Don Gonzalo Fernández de Córdoba e Maximiliano de Austria, emperador de México.

Galería de fotos

Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga Pazo da Fraga
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.