Subir
Concello de Crecente

Igrexa de San Pedro

Situación: Rego-Filgueira
Época: Século XVII-XVIII.
Estado de conservación: Bo.
Titularidade: Eclesiástica.
Igrexa de San Pedro

Edificada no século XVII-XVIII con axuda das pedras procedentes da antiga capela de San Colmede (antigo anexo de Filgueira) no lugar no que se situaba a ermida de San Antonio, posúe unha inscrición na fachada exterior coa data "1723".

Sitúase esta igrexa parroquial nun recinto de interese polo conxunto de elementos que o forman, destacando de xeito relevante o cruceiro, un tipo singular pola súa base e tratamento do fuste.

Presenta unha portada con arco alintelado, flanqueada por pilastras que rematan cun frontón triangular. Sobre el, ventá e espadana central de dobre van. A fachada enmárcase con pilastras rematadas en pináculos. Os muros presentan tres contrafortes e un viacrucis formado por catorce cruces talladas en baixorrelevo ao longo de todo o seu perímetro. A ábsida destácase en altura con cornixa moldurada en gola.

No interior, a ábsida presenta unha bóveda de aresta. Posúe a igrexa, un arco triunfal de medio punto sobre pilastras. A nave presenta bóveda de canón dividida en catro tramos por arcos de medio punto sobre pilastras.

Galería de fotos

Cruceiro e Igrexa de San Pedro
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.