Subir
Concello de Crecente

Igrexa de San Jorge

Situación: Piñeiros-Villar.
Época: Século XIX.
Estado conservación: Bo.
Titularidade: Eclesiástica.
Igrexa de San Jorge

Datada de finais do século XIX (1869), é construída con pedra procedente da vella igrexa parroquial, a cal se desmonta no ano 1863. Esta igrexa vella con advocación a San Jorge, estaba situada na parte baixa de Villar, no lugar coñecido como "Igrexa Vella", quedándolle a desman aos veciños, polo que decidiron construír a actual igrexa parroquial nun lugar máis equidistante a todos os barrios, quedando como pegada desta antiga igrexa un sepulcro que hoxe aínda se conserva na zona.

O actual templo parroquial presenta unha planta de cruz latina. A fachada encóntrase dividida en tres tramos, con porta alintelada recercada de moldura plana, óculo e arco de medio punto que engloba o conxunto. O tramo central remátase cun frontón triangular e campanario de dous corpos.

Galería de fotos

Interior igrexa de San Jorge
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.