O nome do lugar da súa localización "A Capilla", fai referencia á antiga capela ligada á Colexiata de Crecente atendida por un racionero que existía no lugar que se sitúa o actual templo.
Referente a este dato, consérvase nun lintel dunha casa da parroquia a inscrición: "D.M.A.y P" e a calidade deste personaxe "racionero".
Do século XIX, presenta planta rectangular e fachada con porta alintelada, dúas ventás rectangulares e espadana central de dobre van. A ábsida destacada en altura presenta unha cuberta a catro augas, mentres que o resto do edificio posúe cuberta a dúas augas.
Galería de fotos
Dirección
© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com