Subir
Concello de Crecente
Galicia

Situación

O municipio de Crecente está situado no sueste da provincia de Pontevedra (Galicia), na bisbarra da Paradanta. Bañado polo río Miño e cunha superficie total de 57,5 Km2, Crecente limita administrativamente o norte cos municipios de Melón e Ribadavia na provincia de Ourense; ao sur con Melgaco (Portugal); ao oeste coa Cañiza e Arbo; e ao leste con Padrenda, Pontedeva e Cortegada.

A súa poboación rolda os 2.530 habitantes que se distribúen nas once parroquias que configuran o municipio. Estas parroquias son: Crecente, Albeos, Ameixeira, Angudes, Filgueira, Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Villar.

Entorno

Río Miño

O grande elemento definidor do municipio de Crecente é o río Miño xa que gran parte do seu territorio se encadra dentro da súa conca. De aí que nos encontremos co contraste dunha zona montañosa no norte do municipio e outra zona de vales profundos no sur, estando estes marcados polo devandito río, que se conforma como fronteira natural con Ourense e Portugal.

Esta importancia que presenta o río Miño en Crecente queda reflectida no propio slogan turístico do municipio, "Mirando o Miño".

Economía

Igrexa de Albeos e vides

O sustento económico deste municipio radica fundamentalmente na agricultura, a explotación forestal e os servizos, destacando o colexio Escravas da Virxe Dolorosa e Residencia dá terceira idade San Pedro de Crecente. En menor medida encontramos a explotación forestal, que xunto coa industria, a gandaría a apicultura e turismo conforman as actividades minoritarias.

En canto á agricultura, pódese definir como a actividade máis importante do municipio de Crecente caracterizándose pola presenza de parcelas agrícolas onde predomina o minifundismo e a distribución en niveis ou intervalos. Entre os cultivos predominantes destacan a vide, os produtos hortícolas, o millo e o kiwi de máis recente introdución. O latifundismo tamén está presente na parte occidental do municipio, concretamente nas parroquias de Albeos e Villar, estando destinado ao cultivo da vide, dando lugar á creación de adegas con denominación de orixe Rias Baixas.

No que a gandaría se refire, o gando máis frecuente é o vacún, ovino, porcino e avícola, existindo diferenzas entre as distintas partes do municipio. Exemplo diso é a maior abundancia de gando vacún nas zonas montañosas do municipio, en concreto na parroquia de Ameixeira.

En relación coa gandaría está a explotación forestal, actividade moi abandonada nos últimos tempos debido en parte á diminución do gando. Respecto á talla de madeira, dicir que as especies máis abundantes son os piñeiros e eucaliptos, tendendo a desaparecer as especies autóctonas como carballos ou castaños.

Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.