O Concello de Crecente e os seus Organismos Autónomos adheríronse ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACe) da Administración Xeral do Estado. A través de FACe un amplo número de provedores presentarán obrigatoriamente as súas facturas electrónicas dirixidas ao Concello de Crecente ou aos seus Organismos Autónomos a partir do 15 de Xaneiro de 2015.
O Punto xeral de entrada de facturas electrónicas ofrece un Portal web para presentar a factura electrónica e permite aos provedores, se o desexan, conectar os seus sistemas de facturación con FACe de xeito automático.
Ademais o sistema está integrado coa aplicación Gestión de Facturación Electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e con outros sistemas do sector privado, o que permite un envío cómodo e sinxelo das súas facturas electrónicas.
DISPOÑIBILIDADE HORARIA DO SISTEMA
O rexistro contable de facturas do Concello de Crecente permanecerá sempre dispoñible para o rexistro automático de facturas electrónicas que proveñan do "Punto xeral de entrada de facturas electrónicas"
DESTINATARIOS
Provedores que teñan que presentar facturas ao Concello de Crecente ou aos seus Organismos Autónomos e que cumpran cos requisitos segundo a normativa aplicable.
COMO REALIZAR O TRAMITE
En línea: a través do enlace dispoñible no apartado "Tramitar - En Liña" Punto xeral de entrada de facturas electrónicas está dispoñible para os provedores presenten as súas facturas electrónicas. Tamén poden descargar a aplicación Gestión de Facturación Electrónica que permite a xeración de facturas electrónicas dun xeito cómodo e sinxelo. Un programa especialmente dirixido a PYMEs, microPYMEs e autónomos.
TRAMITAR
Dirección
© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com