Subir
Concello de Crecente

Ermida da Virxe do Camiño

Situación: Freixo.
Época: Século XIV.
Estilo: Transición Románico-Gótico.
Estado de conservación: Bo.
Titularidade: Eclesiástica.
Ermida da Virxe do Camiño

Ermida situada no alto dun monte, a 4 Km. da vila de Crecente. É de estilo románico tardío en transición ao gótico e está formada por unha nave sen presbiterio diferenciado e un pequeno soportal cadrado. Enmarcada a súa construción no século XIV, foi restaurada no ano 1763 e presenta un engadido do ano 1916. Ademais, posúe unha inscrición nunha pedra encaixada na ábsida que di "reedificada por Juan Pérez Baylón de Crecente no ano 1619".

A fundación deste santuario relátase coa seguinte lenda "camiñaba o cabaleiro Mendoza" (século X) cando alcanzándoo o demo exclamou: "vállame Deus, San Juan, as tres misas de Nadal e a Virxe do Camiño", e lanzou unha pedra ao aire que sinalou a localización da ermida da Virxe do Camiño".

Significativa por encadrase nunha antiga ruta do Camiño de Santiago, posúe nas súas inmediacións un cruceiro románico de gran valor escultórico e ornamental. Trátase dunha cruz latina de pedra dunha soa peza situada nunha rocha con relevo de medio vulto coas imaxes de Cristo crucificado na parte frontal e da Virxe coroada cun neno Xesús nos brazos na parte posterior.

Galería de fotos

Ermida da Virxe do Camiño
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.