Subir
Concello de Crecente

Castro da Mariñiña

Situación: A Mariñiña-Sendelle.
Época: Idade do Ferro.
Estado conservación: Deficiente.
Titularidad: Privada e veciñal.

Castro ou asentamento fortificado da Idade do Ferro localizado nunha elevación do terreo na marxe dereita do río Miño, concretamente no lugar coñecido como "A Mariñiña".

Este castro con forma elíptica, próxima á circular, encóntrase fortemente alterado, debido aos axentes naturais, ás actividades forestais, agrícolas e extractivas. Exemplo diso é que a croa está actualmente ocupada polo campo da festa, pavimentado con lastra, cun banco de pedra corrido e un palco.

Na superficie desta croa, hai numerosos afloramentos graníticos e os restos dun antigo muíño de vento de corpo cilíndrico, executado en cadeirado granítico con portas e ventás alinteladas que na actualidade non presenta cuberta, a cal sería cónica. A estraña presenza dun muíño de vento na zona, pode ser debida á ausencia de importantes caudais de auga ou ás secas de verán, o que impediría o funcionamento dos habituais muíños de auga.

Galería de fotos

Muíño de vento en Sendelle Muíño de vento en Sendelle
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.