Subir
Concello de Crecente

Castro "A Cidá"

Situación: A Sabanle-Quintela.
Época: Idade do Ferro.
Estado de conservación: Deficiente.
Titularidade: Veciñal.
Castro 'A Cidá'

"A Cidá" é o nome co que se coñece ao castro situado na parroquia de San Caetano de Quintela, concretamente na zona coñecida como "A Sabanle". Estamos ante un castro fortificado da Idade do Ferro emprazado topograficamente nunha pequena elevación do val situado xustamente na marxe dereita do río Miño a 126 metros sobre o nivel do mar.

O castro ou poboado amurallado, hai que entendelo como un lugar habitado onde se desenvolvían actividades cotiás, familiares, sociais e económicas. O número de castros en Galicia é relativamente alto, xa que se considera que hai aproximadamente sobre uns 3.500, pero esta cifra non se pode concretar debido á falta de estudos territoriais concretos.

Ao igual que a maioría dos castros do noroeste peninsular, o castro da Cidá está sen escavar, xa que só o 1% dos castros de Galicia foron escavados en maior ou menor extensión, mentres que os restantes aparecen cubertos por diferentes estratos de terra, podendo ser identificados tras un recoñecemento do terreo. Neste caso, ao igual que a maioría dos castros, a súa forma sobre o terreo é lixeiramente ovalada, determinada pola súa situación, xa que o recinto amurallado do castro adáptase ás condicións orográficas. Na súa parte superior presenta cróaa que aparece alterada por escavacións furtivas. Na parte baixa de cróaa e cara ao SUESTE presenta un pequeno aterrazamiento que dá paso á muralla exterior. No lado NO, esta pequena terraza convértese nunha ampla superficie rodeada por unha muralla que chega a alcanzar os 10 m. de altura.

Rescatáronse diversos restos arqueolóxicos do castro da Cidá como son restos de cerámica indíxena, un trisquel de raios curvos e o torso dun guerreiro labrado nun bloque de pedra. Pódese destacar especialmente a figura do guerreiro, xa que este tipo de imaxes son moi escasas e apareceron sobre todo no sur de Pontevedra e Ourense, aínda que o maior número de achados son do norte de Portugal. É unha figura estática, armada, esculpida en vulto redondo onde destaca a súa frontalidade.

Estes restos custódianse no Museo arqueolóxico de Pontevedra e no Quiñóns de León de Vigo.

Galería de fotos

Trisquel Guerreiro de Sabanle
Calendario

ACTIVIDADES

Cargando ...

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica
Cargando ...
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Boletín oficial de Pontevedra
Deputación de Pontevedra
Adobe Acrobat

Dirección

  • Rúa Solís Ruíz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra) - Galicia (Spain)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300 / Fax: (+34) 986 666 251
  • E-mail: info@crecente.es

© 2015 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados - Aviso legal | Política de privacidade | Acceso privado    //    Deseño e programación web Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.